Festival da canteira musical de Silleda na Semana Verde

Un intre do festival de bandas
 infantís e xuvenís de Silleda. 
  | // BERNABÉ/LUCÍA ABELEDO

Un intre do festival de bandas infantís e xuvenís de Silleda. | // BERNABÉ/LUCÍA ABELEDO / Redacción

Redacción

O Auditorio da Semana Verde acolleu o pasado domingo o XV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Silleda. No certame que deu comenzo ás 17.30 horas actuaron os membros da prolífica canteira musical de Silleda xunto a unha banda convidada. Sobre o escenario ofreceron concertos formacións como a Banda Infantil da Escola de Música (Emusi), a Banda-Escola de Música “Lira de San Miguel de Oia” e tamén a Banda Xuvenil da Emusi silledense. Os nenos das formacións bandísticas amosaron un moi bo nivel con interpretacións de temas moi coñecidos por un público animado que encheu o patio de butacas do auditorio trasdezá.