Medelo organiza do 2 ao 4 de abril xornadas de portas abertas

O centro que ten Cogami en Medelo, en Silleda, participa na Semana Europea da Artesanía organizando xornadas de portas abertas para toda a veciñanza que desexe achegarse ata o centro e participar nos obradoiros que se van poñer en marcha e nos que tamén toman parte as persoas usuarias deste centro.. As sesións serán os días 2, 3 e 4 de abril, de 10.00 a 14.00 horas. A participación nestas actividades é libre, pero por cuestións de aforo é necesario reservar praza chamando ao número de teléfono 986 581 387.