Cerdedo-Cotobade pide fondos autonómicos e provinciais para o campo das Extremas

Haberá obras nas gradas, vestiarios e iluminación

Cubela, con Portela e Pintos, no campo de fútbol.   | // CEDIDA

Cubela, con Portela e Pintos, no campo de fútbol. | // CEDIDA / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Cerdedo-Cotobade xestiona ante a Deputación e a Xunta de Galicia, senllas subvencións para realizar un investimento duns 200.000 euros nas instalacións deportivas do campo de fútbol das Extremas que permitirían unha mellora na eficiencia enerxética así como no acabado interior dos vestiarios. Deste xeito, o Concello recurre ao Plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación solicitando 50.000 euros, que irían destinados a acometer diversas melloras nos seus servizos e vestiarios e nas gradas, xa que actualmente hai algúns asentos rotos.

Por outra banda, coa subvención que solicitou á Xunta de Galicia (140.000 euros) preténdese realizar unha operación de maior calado no que a eficiencia enerxética se refire. Así, substituiríase toda a luminaria do campo por outras lámpadas led.

O alcalde, Jorge Cubela, que visitou As Extremas na compaña do concelleiro de Deportes, Bruno Portela, e do presidente das Escolas Deportivas, Óscar Pintos, aproveitou para reiterar “o compromiso coa práctica do deporte e, sobre todo, o deporte base como elemento educativo de aproveitamento saudable do tempo de lecer dos nosos mozos e mozas e cativos. Sentímonos moi orgullosos de contar con equipos en categorías base e polo alto nivel que están a acadar os nosos deportistas nas categorías nas que compiten”, subliñou.