O Entroido de Agolada inclúe pintacaras e un concurso de disfraces

O Concello de Agolada xa ten pechada a programación do seu Entroido. O venres 9 comezan as actividades, cunha sesión de pintacaras nos Pendellos a partir das 16.30 horas. O domingo 11 está previsto un desfile, con saída ás 18.00 horas no CEIP de Agolada, con concurso de disfraces incluido. Haberá premios ás mellores creacións tanto individuais como colectivas. As persoas e grupos que desexen participar no certame deben anotarse no número de teléfono 986 78 80 62, escollendo a extensión número 1.