O Nadal chega antes á aldea

Orazo e Doade pasan un domingo de manualidades, música e ambiente festivo

O Nadal chega antes á aldea

O Nadal chega antes á aldea / nerea couceiro

A medida que se aproximan as datas do Nadal comezan a intensificarse os actos relacionados con estas festividades. O espírito desta época do ano non discrimina rural ou casco urbano e chega a todas as esquinas por igual. Mostra diso son as diversas actividades celebradas en Orazo, parroquia da Estrada, e Doade, en Lalín, dentro do marco destas festas.

Na primeira, onte tivo lugar unha xornada dedicada a facer comunidade e pasar un bo momento cos veciños de todas as idades. A asociación Cotomanguelo, na súa vontade de dinamizar esta parroquia, organizou no local social unha tarde cargada de pasatempos, comezando por sesión de manualidades e rematando coa actuación do humorista e presentador Pablo Chichas. Así, dende as 16.00 horas, a veciñanza puido desfrutar realizando tarefas en grupo como a elaboración de decorado navideño artesanal ou de papá noeis. Para rematar, ás 18.30 horas, Chicas levou a cabo unha sesión de contacontos que os asistentes atenderon mentres degustaban un chocolate quente, todo de balde.

Arriba, manualidades en Orazo, abaixo, actos en Doade.   | BERNABÉ/LUCÍA ABELEDO

O Nadal chega antes á aldea / nerea couceiro

Mentres que en Doade os nenos convertéronse nos grandes protagonistas desta última xornada da semana. Ás 16.30 horas actuou a Asociación Aires Nosos de Verín, mentres que ás 17.30 horas tocoulle ao grupo infantil Os Piñeiriños. Remataron os actos ás 18.30 cos concertosl do Coro Infantil Luis Areán e a Coral Polifónica de Lalín.

Ademais, tamén contaron co mercadiño artesanal, que xa se inaugurou o domingo pasado día 10, de 16.30 a 20.00 horas. Tamén se mantiveron as visitas guiadas ao museo e ás exposicións de belén no mesmo horario e pola mañá, de 10.00 ás 14.00 horas.

As actividades forman parte do programa Unha aldea no Nadal do lugar de Codeseda, onde retomarán o calendario en xaneiro para celebrar Día de Reis o 6.