Aberto o prazo para participar no premio Xosé Neira Vilas de novela curta

REDACCIÓN

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca un ano máis o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, para obras en lingua galega destinadas ao público infantil e xuvenil, e que está dotado con 1.000 euros e a edición do texto. O prazo de presentación de orixinais está aberto ata o 9 de outubro de 2023 e estes deberán ser inéditos e ter un mínimo de 50 páxinas e un máximo de 150, mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 e a dobre espazo.

O premio entregarase o 3 de novembro de 2023, coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas e Día da Lectura e as bases completas poderán consultarse na web da Fundación en www.neiravilas.gal.

Diario de Brian, o chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez, foi a novela galardoada na primeira edición, unha historia protagonizada por adolescentes que viven experiencias que cambiarán as súas vidas. Na segunda edición, o premio recaeu en An Alfaya por O home de negro, unha sorprendente proposta metaliteraria e autorreflexiva.

O xornalista da TVG Pedro Rielo gañou a terceira edición con Detrás dos perdidos. Esca, de Antonio Piñeiro, foi a obra galardoada na quinta edición. Diana Varela gañou coa A conxura. Off the record, de Virxilio Rodríguez, que se presenta o sábado 29 de xullo nas Insuas de Gres ás 19.00 horas.

A obra premiada na edición de 2022 foi Cristais rotos, da autoría de Álvaro Domínguez, que nos mergulla nas vivencias duns personaxes que beirean a traxedia.

Asimemos, todos os libros premiados están a disposición de lectores e lectoras en Edicións Embora.

Novelas premiadas