O Vello dos Cornos, no ‘Guernica’ de Picasso

Comeza o campamento Merza Mural, que inclúe deseño de bolsas e pintado de casas para paxaros

As monitoras e participantes no camoamento, diante do muro co cadro de Picasso.   | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

As monitoras e participantes no camoamento, diante do muro co cadro de Picasso. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Escribir, pintar ou compoñer música é un xeito de dar un pouco de nós mesmos á sociedade. É como prantar unha árbore: perdurará máis alá de nós, deixará de ser algo privado, e pasará a formar parte da propiedade colectiva.

A comunidade é precisamente un dos eixos nos que traballa dende o seu nacemento, hai dez anos, o proxecto Merza Mural, impulsado polo colectivo do mesmo nome. Onte comezou o campamento, nunha xornada na que no mural, unhas das principais actividades, xa se recoñece o Vello dos Cornos (protagonista do Entroido de Merza) como vencedor dunha batalla dentro do cadro “Guernica” de Picasso. A rapazada tamén estivo pintando casiñas de madeira de paxaros para instalar no parque e o grupo de maiores está a deseñar bolsas e camisetas para vender na festa do Sábado. A organización ten previsto comezar cun un mural máis pequeno no cal será protagonista o grupo de nenos e nenas de entre 4 e 7 anos.