Música de raíz para enxalzar a fala do país

Ugía Pedreira recibe a Pandeireta de Honra, Anxo Lorenzo actúa na Praza do Siñor Afranio e A Estrada honra a Marcial Valladares

O Serán das Letras en feminino tivo lugar na Carballeira do Rodo. | FOTO: BERNABÉ/ ANTÓN FONDEVILA-CEDIDA

O Serán das Letras en feminino tivo lugar na Carballeira do Rodo. | FOTO: BERNABÉ/ ANTÓN FONDEVILA-CEDIDA / salomé soutelo

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

A literatura en galego non está só circunscrita á prosa ou a poesía. Nunca o estivo, porque a música foi e seguirá sendo un vehículo máis para a transmisión do idioma. Por iso a xornada de onte serviu para que o Día das Letras Galegas se disfrutase tamén a través da coñecida como cuarta arte, tanto en Lalín como en Silleda ou na Estrada.

Uxía Senlle actuou na Carballeira do Rodo e participou na entrega da Pandeira de Honra a Ugía Pedreira, xunto á concelleira Begoña Blanco.  |   // FOTOS: BERNABÉ/ANTÓN FONDEVILA

Ofrenda floral na Estrada no monólito adicado a Marcial Valladares. / salomé soutelo

Na capital do Deza tivo lugar dende media mañá un Serán das Letras en feminino, na Carballeira do Rodo. Montse Rivera, de Leilía, foi a encargada de impartir un obradoiro de especialización de baile, para despois deixarlle paso ao concerto de Uxía Senlle. Outra Uxía, Ugía Pedreira, recibiu a Pandeireta de Honra. Esta artista está moi vinculada a Lalín, pois durante anos foi a directora do Conservatorio de Música Folque. Xa pola tarde Bea, de Adufeiras de Salitre. dirixiu unha aula de pandeiro. Como remate da xornada en Lalín, tivo lugar un serán adicado ás mulleres que están ao cargo dos grupos de música tradicional no municipio.

Pasarrúas do grupo de gaitas de Emusi e concertos do seu grupo de acordeóns e de Anxo Lorenzo na Praza Siñor Afranio.

Ugía Pedreira recibiu a a Pandeireta de Honra. / salomé soutelo

O 17 de maio tamén comezou a celebrarse a media mañá en Silleda, cun pasarrúas protagonizado polo grupo de gaitas da Escola de Música de Silleda (Emusi), que despois cederían o protagonismo ao grupo de acordeóns deste mesmo centro, xa na Praza Siñor Afranio. Este foi o mesmo escenario para o concerto de Anxo Lorenzo, dentro da programación do Musigal e ao que acudiu o deputado provincial Manuel González. Anxo Lorenzo foi discípulo de Carlos Núñez e ten actuado en festivais como o de Lorient, Ortigueira, o Folkherbst de Alemania ou o William Kennedy International Festival Piping, en Irlanda do Norte.

Música de raíz para enxalzar a fala do país

Pasarrúas en Silleda do Grupo de Gaitas da Emusi. / Bernabé/Antón Fondevila

En canto aos actos na Estrada, minutos antes do mediodía, a actuación da Asociación de Gaitas de Barbude foi o preludio á lectura do Pregón das Letras Galegas, feita polo escritor e narrador oral lalinense Celso Sanmartín quen, xunto ao alcalde da vila, José López Campos, tamén fixo unha ofrenda floral a pé do monólito levantado na honra de Marcial Valladares. Tras este breve acto, actuou dita asociación e despois comezou o Concerto das Letras, na Praza do Concello e da man da Banda Municipal da Estrada.

Música de raíz para enxalzar a fala do país

Actuación do grupo de acordeóns da Emusi na Praza do Siñor Afranio. / Bernabé/Antón Fondevila

Actos para hoxe

Ningún Día das Letras nin doutra efeméride debe quedar niso, nun día de conmemoración. Por iso hoxe continúan varias actividades en torno á promoción do idioma galego. En Lalín, ás 18.30 horas Os e As Mirlotíns terán unha sesión das letras galegas, na biblioteca municipal. Noutra biblioteca, na Daniel Castelao de Silleda, ás 17.00 horas arrinca un obradoiro en torno a Francisco Fernández del Riego, o escritor ao que se lle adicou este ano o 17 de maio.

Música de raíz para enxalzar a fala do país

Concerto de Anxo Lorenzo en Silleda. / Bernabé/Antón Fondevila