Síguenos en redes sociales:

O colexio Cabada Vázquez creará un parque lúdico e pedagóxico de 7.000 m2

O centro levará a cabo un proxecto de Miudiño Sociedade Cooperativa Galega que é pioneiro na zona | Terá 21 árbores e contará con referencia a elementos patrimoniais

O colexio Cabada Vázquez creará un parque lúdico e pedagóxico de 7.000 m2

O colexio Cabada Vázquez puxo en marcha un pioneiro proxecto na comarca que permitirá a construción dun gran parque lúdico e pedagóxico. Para elo utilizarán o amplo patio co que conta o centro, con 7.000 metros cadrados que serán ideais para levar a cabo una proposta presentada pola firma Miudiño Sociedade Cooperativa Galega. Esta iniciativa parte do propio colexio e está financiada en gran medida polos fondos que aporta a ANPA, coa colaboración do centro escolar e do Concello da Estrada.

Desde Miudiño, Judit Santos, explica algunhas das características do proxecto que se levará a cabo e que está pensado para ir desenvolvendo a medio prazo, co ritmo que marque a obtención dos fondos necesarios para cada unha das fases. “A comunidade educativa do Cabada Vázquez púxose en contacto con nós para analizar unha proposta que desenrolar no seu patio. A raíz diso organizamos una xornada de formación vendo o centro e analizando o que querían e o que se podía facer cos recursos que dispoñían. Despois planteámoslles unha proposta que aceptaron”, recordan desde Miudiño.

Este proxecto busca aproveitar os amplos terreos cos que conta o centro e que se atopaban “infrautilizados” . “A idea é realizar unha naturalización dese espazo pero tamén convertelo nun lugar de xogo para os nenos. Penso que vai quedar algo moi bonito porque é un espazo moi amplo e con grandes posibilidades”.

A primeira fase desde proxecto xa dou comezo, cos movementos de terra necesarios. Mañá, continuará co plantado das 21 árbores que levará. Para a ocasión, organizouse unha xuntanza coa comunidade educativa. A idea é pasar unha xornada en familia no centro, compaxinando traballo con ocio.

Xunto co plantado de árbores e plantas, tamén se levará a cabo un traballo de dotación de elementos. Para iso plasmarán nel un percorrido histórico no que porán en valor o patrimonio natural e material do Concello, con referencias ao Curro de Sabucedo, ao Castro das Cercas, mámoas, ríos e hortas.

Judit Santos sinalou que este proxecto pode tardar incluso anos en darse rematado, pero que os primeiros pasos quedarán dados con esta primeira xornada e cunhas árbores que medrarán como a semente deste parque Miudiño.

Pulsa para ver más contenido para ti