Os e as estudantes de sexto curso de Primaria do CEIP Xesus Golmar, de Lalín, organizan este venres un magosto. Será na Praza da Igrexa, en pleno corazón da vila, a partir das 17.00 horas. Haberá bingo e quen o desexe poderá comprar tamén postres caseiros. Todo o diñeiro que recauden con estas actividades será destinado á excursión que quere organizar a aula do centro educativo para festexar a fin de curso, en xuño.