Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un paseo pola historia de Lalín

O Itinerario da Memoria do IES Aller Ulloa recolle 16 enclaves vinculados á República, á Guerra Civil e ao franquismo

Alba Payo, cos estudantes na rúa Principal.//Bernabé/Javier Lalín

Durante os seus estudos universitarios, Alba Payo fixera un pequeno traballo de historia oral en Lalín, que lle serviu para preparar unha clase práctica que achegase ao alumnado do IES Aller Ulloa ao pasado recente da capital de Deza. Onte e hoxe, os estudantes de cuarto de ESO participan no Itinerario da Memoria histórica de Lalín. É un percorrido por 16 enclaves do casco urbán, diseñado tamén co asesoramento do investigador Manuel Igrexas.

O alumnado “descoñece moito esta parte da Historia, porque lles queda moi lonxe”, dado que estes alumnos de cuarto de Secundaria ainda nin naceran cando tiveron lugar os atentados do 11-S.

Un grupo de estudantes, camiñando entre bloques de Casas Baratas construidas durante o franquismo.//Bernabé/Javier Lalín

O percorrido comeza no CEIP Xesús Golmar, que leva o nome do último alcalde republicano de Lalín, e segue polas rúas Alcalde Ferreiro (rexedor republicano fusilado) e José Antonio, rebautizada como Monte Faro. A cuarta parada foi na igrexa de Lalín, onde ata 2017 houbo unha desas pracas de mármore en honor “ a los caídos por Dios y por España”, para seguir pola rúa Luis González Taboada (último alcalde franquista) ata o Hospitalillo, o actual instituto Laxeiro. A rúa E. Vidal Abascal leva o nome do presidente do PG de Lalín nos anos 35 e 36, e deu pé a visitar tamén a Casa da República na rúa Bos Aires, e as Casas Baratas levantadas durante o franquismo en Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.

O percorrido inclúe o Museo Ramón Aller, para ver a foto do Seminario de Estudos Galegos, a rúa General Franco (hoxe Principal), a Praza de Calvo Sotelo (hoxe, Praza das Pipas), o monumento a Joaquín Loriga. as Casas Baratas do Barrio de Abaixo, o antigo consistorio e o Pontillón, onde estaba o cuartelillo da Brigadilla da Garda Civil.

Compartir el artículo

stats