A morriña dezá, recoñecida na capital do tango
Bos Aires declara de interese cultural o certame literario do Centro Lalín, Agolada e Silleda, que ten como fin preservar o acervo galego

Entrega do recoñecemento no salón Eva Perón do Palacio Lexislativo. / Xan Salgueiro

O certame literario Relatos con Morriña, organizado polo Centro Lalín, Agolada e Silleda, vén de ser declarado de interese cultural de Bos Aires. A Lexislatura Porteña fixo entrega do diploma ás autoridades de dita institución, nun acto que se realizou no salón Eva Perón do Palacio Lexislativo e que contou coa presenza da deputada autora do proxecto, Cecilia Ferrero, do presidente do centro, José Luis Seoane, o vicepresidente, José González Costa, e o directivo do mesmo, Alberto Sánchez Peña, así como dos xurados Ruy Farias e Carlos Rodríguez Brandeiro.
O certame, que se desenvolveu entre os meses de setembro e novembro de 2020, organizado por este centro galego da capital do tango, ten como finalidade premiar os traballos de prosa e poesía que promovan a preservación do acervo cultural e os valores transmitidos pola colectividade galega que se radicou na Arxentina, mediante a recuperación da memoria e as historias da vida das e dos protagonistas da emigración ou das e dos seus descendentes a un ou outro lado do Atlántico.
Novos camiños
Durante o encontro, a deputada Ferrero agradeceu ás autoridades e ao xurado por organizar este “fermoso” certame e animounas a continuar no futuro con esta idea, pensando en novos camiños de transmitir o vasto patrimonio material e inmaterial que Galicia posúe na cidade de Bos Aires.
“Temos que repensar o futuro da galeguidade enfocándonos en como lograr interesar ás xeracións máis novas sobre a importancia da nosa historia, da dos nosos pais e avós galegos, escoitándoos activamente de forma mancomunada”, engadiu Carlos Rodríguez Brandeiro. No mesmo senso, o resto de participantes resaltaron a importancia do certame e a necesidade de innovar coas novas tecnoloxías para que as e os descendentes dos galegos e galegas coñezan e exploren as súas raíces.
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Los narcos detenidos almacenaban la droga en el parking del Álvaro Cunqueiro de Vigo
- El consejo de José Manuel Felices, médico y profesor universitario, para dormir mejor: «No necesitas pastillas ni ASMR»
- ¿Qué son las cataratas, como se detectan, qué molestias producen y cómo se tratan?
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior