A narradora Soledad Felloza fizo unha parada en Lalín co Festival Atlántica. O seu espectáculo A vida é conto relata historias cotidianas “que nos poden recordar a que nos pasou a nós ou a alguén coñecido e así aprender a rirnos delo”. Son contos do pasado, pero que “poden estar presentes en calquera momento” e que Felloza ve necesario contar e trasmitir “porque senón, a historia quedaría incompleta”. A sesión celebrada no Museo Ramón Mª Aller achegou a un público que gozou do espectáculo “necesario para alonxarnos por un momento do que pasa na actualidade”. É una das actividades que se inclúe no programa cultural de Lalín.