Síguenos en redes sociales:

Liliana Vázquez, candidata de Compromiso por Galicia: "Temos un proxecto transversal e transformador"

"Nunca deixarei de facer política"

Liliana Vázquez, candidata de Compromiso por Galicia: "Temos un proxecto transversal e transformador"

Por que está vostede en política?

Porque quero o mellor para o meu pobo e a miña xente, quero mellorar a vida dos cidadáns. Nunca deixarei de facer política porque sempre sentín esas ganas de mellorar a situación do meu país.

Por que deberían votala os seus veciños?

Porque temos un proxecto transversal e transformador no que podemos realizar melloras do noso patrimonio, a recuperación do noso entorno ambiental, desenvolver unha mellor calidade de vida dos cidadáns...

Onde se ve vostede despois do 26-M?

Facendo política para os cidadáns, escoitando as suas necesidades.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Hai que dar prioridade a un plan económico viable para o achegamento de novas empresas, conservar o noso patrimonio e xestionar recursos naturais.

Pulsa para ver más contenido para ti