"Aválanos unha xestión económica eficaz e a consecución de equipamentos e servizos"
"Ofrecemos unha opción política estable, comprometida coa consecución de servizos e infraestruturas"
Por que está vostede en política?
Porque no seu día me animou a facelo o meu amigo Ismael Martínez Neira. A miña preocupación foi ofrecer aos nosos veciños novos servizos e equipamentos públicos que contribuísen a un maior benestar colectivo.
Por que deberían votalo os seus veciños?
Ofrecemos unha opción política estable, comprometida coa consecución de servizos e infraestruturas, primando o benestar social, ao tempo que mantemos a estabilidade orzamentaria con vistas a garantir a inversión de futuro. Presentamos como aval unha xestión económica eficaz e a consecución de importantes equipamentos públicos no rural e servizos.
Onde se vai vostede despois do 26-M?
Gustaríame continuar para concluír proxectos como o polígono industrial público ou o centro de día.
Por onde pasa o futuro do seu concello?
Igual ca moitos municipios, temos que loitar contra o despoboamento e implicarnos co tecido empresarial para asentar poboación.
Temas
Más en Deza-Tabeirós
-
Abril, mes de contrastes: Camanzo rozó los 30 grados y O Faro estuvo bajo cero
-
Las ventas se disparan a raíz del Bono Comercio, que suma más de 230 tiendas en las comarcas
-
Crece el empleo entre los extranjeros: son 1.178 en el área, el 4,5% de sus cotizantes
-
El servicio de ambulancias del área de Santiago se licita por 10 millones de euros para dos años