O grupo de punk rock Última Sacudida, que naceu en Donramiro, cumpre 15 anos e para conmemoralos celebra esta noite un concerto na Sala Habana, da Rúa B, de Lalín. Contará coa presenza das bandas convidadas Samesugas e Harry May. Será a partir das 23:00 horas. As entradas teñen un prezo de 10 euros, de oito as anticipadas, que se poden mercar naTaberna Segrel. Despois da actuación, a sesión estará amenizada por Cunter de Ourense e Kris de Donramiro. Última Sacudida sacou no 2007 o seu primeiro LP Raw & Loud presentado por Europa adiante e o segundo, en 2012 Never Deny Your Old Tapes, que deu a coñecer por toda a península.