A Asociación de Xenerais de Lamela (Silleda) pecha hoxe o prazo para inscribirse na cea que terá lugar este sábado no local social, dentro dos actos de Entroido. Os interesados poden anotarse no supermecado A de Brasileiro ou chamando ao número de teléfono 678 845 062. A cea custa 8 euros para os inscritos no desfile e 12 para o resto de adultos, mentres que os menores de 12 anos pagarán 6 euros. Tralo Alto e despois da cea o baile correrá a cargo da música de Pachi e Montse. O Entroido de Lamela arranca o sábado, ás 17.00 horas, coa saida dos desfile desde o resturante Porta do Sol. o Alto será ás 18.00 horas no campo da festa.

Horarios en Rodeiro

Por outra banda, o Concello de Rodeiro indica que o desfile terá lugar o 3 de marzo, a partir das 17.30 horas. A comitiva partirá da rúa Aviador Gumersindo Areán e poderá lucir as súas vestimentas baixo unha carpa. Ás 19.00 horas terá lugar o concurso de disfraces, coa actuación dun grupo musical. Haberá premios para os tres mellores de carrozas, grupos adultos, grupos infantis, parellas de adultos e de infantís e individuais, tamén adultos e infantís. As carrozas, ademais, levan 150 euros por participaren.