O Auditorio da Semana Verde acolle mañá o XIX Concerto de Nadal de Silleda baixo o título de Pangea, a paisaxe sonora do noso planeta, un espectáculo da Banda de Silleda baixo a batuta de Rafael Agulló Albors, que contará coa participación do musicólogo e multiinstrumentista Abraham Cupeiro.

-Cal vai ser a súa contribución ao Concerto de Nadal de Silleda?

-É un concerto que vai a dar a volta ao mundo. Vamos a pasar polos cinco continentes. Está baseado no antigo continente Pangea e o que queremos é coser outra vez os continentes que separaránse fai millóns de anos, e farémolo a través da música. A música está composta por María Ruiz e por min, orquestada por Adrián Saavedra, é foi un encargo que me fixo o director Rafael Agulló. É unha música que pretende mexturar os instrumentos modernos con outros étnicos dos continentes aos imos facer referencia musicalmente falando.

-Cal é o resultado?

-Trátase de sons de terra e de mar. As flautas africanas que toco, por exemplo, están feitas con xuncos do río Niger. Son instrumentos que están feitos con materiais da natureza, como plumas ou caracolas. Son sinxelos pero ao mesmo tempo teñen sons moi evocadores que rápidamente nos transportan a lugares xeográficos concretos, como pode ser o deserto ou a selva. Tamén escoitaremos cantos dos paxaros do Amazonas con silvatos propios que mercamos aos indíxenas daquela parte do mundo.

-Pensa que esa música será fácilmente dixerible polo público?

-Eu penso que é unha música moi fácil de asimilar polo público porque o elixir da tradición parece que tamén resona no noso interior. Ao estar cambiando continuamente de continente faise moi ameno. Ademáis temos a sorte de tocar cunha banda tan boa como a de Silleda, e tamén vai haber danza e pequenos cantantes. Trátase dun espectáculo que vamos a levar coa Filarmónica de Gran Canaria ou a Filarmonía de Galicia, e en Silleda vai ter unha dimensión máis grande porque o director Rafael Agulló insistiu en que colaborase moita xente para xuntar diferentes disciplinas artísticas nun espectáculo.

-Onde radica a importancia musical da figura de Rafael Agulló?

-Rafa é unha persoa que vive a música. É un director de corazón que ten grandes coñecementos, pero que ten unha paixón polo que fai. Aquela xente que fai as cousas con paixón ao final sae un resultado moi bon porque fan falta moitas horas para adicarse a estas cousas. É unha gasolina moi necesaria o tempo que perdes, pero que ao facelo con paixón falo moi fácil. Para min é una persoa que dende o primeiro momento me deu unhas garantías de que facer un proxecto con el iba a ser unha cousa que iba a chegar a bon porto. Eu creo que a Rafael Agulló sí que o valoran porque é un músico moi bon que dirixe unha banda tan boa coma de Silleda. Supoño que algo de culpa terá de que soe tan ben.

-O espectáculo de Silleda vai ser a estrea oficial do espectáculo?

-Fixemos unha primeira proba en Pontevedra, pero agora voltamos á carga con todo máis mellorado para tentar triunfar en Silleda.