O instituto Laxeiro acolle hoxe, das 12.55 ás 14.35 horas, unha charla da psicóloga, criminóloga e perito forense Beatriz Dorrío Lourido. A experta falará sobre as consecuencias da violencia de xénero. A súa presenza no instituto lalinense enmárcase nas actividades que organiza o centro dentro do Mes contra a Violencia de Xénero. Onte, dentro desta programación, visitaron o instituto as activistas guatemaltecas Juventina López e Ita Xocol, que estiveron antonte no IES Pintor Colmeiro.