Síguenos en redes sociales:

O Correlingua reúne o día 3 na Estrada a 1.800 participantes de 11 centros educativos

Estudiantes e docentes da Estrada, Forcarei e Silleda disfrutarán desta festa pola lingua

O Correlingua reúne o día 3 na Estrada a 1.800 participantes de 11 centros educativos

A Festa Final do XVIII Correlingua na Estrada reunirá o vindeiro 3 de maio na vila a 1.800 participantes, procedentes de once centros educativos da Estrada, Forcarei e Silleda. Así o confirmou en representación da CIG- Ensino o estradense Xosé Manuel Nogueira, que na tarde de onte mantivo un encontro con representantes dos distintos centros educativos implicados na iniciativa de cara a perfilar os últimos detalles do evento.

Trátase dunha actividade lúdico-educativa organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica de Galiza, a Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino. Participarán alumnos, mestres e profesores de seis colexios de Educación Infantil e Primaria e de cinco de Educación Secundaria.

Entre os colexios, participarán nesta iniciativa os CEIP de Figueiroa, Oca, O Foxo, Cabada Vázquez de Codeseda e Villar Paramá de Vea. Dos institutos, estarán representados os tres públicos da Estrada (Manuel García Barros, Antón Losada Diéguez e Número 1), o IES Chano Piñeiro de Forcarei e o Pintor Colmeiro de Silleda.

Nogueira subliñou onte que "dende fai anos, e dada a implicación do conxunto da comunidade educativa do Concello da Estrada, o Correlingua é un referente". Nos centros que se implican nesta marcha en defensa do uso do galego como lingua vehícular dos cativos trabállase de antemán con propostas didácticas e pedagóxicas que buscan unha maior normalización do galego entre o alumnado. É o caso do Concurso do Manifesto, o do Cantalingua, o Concurso de Banda Deseñada ou a participación no deseño e pousado ante o Photocall de centos de nenos que despois suben as súas fotos de apoio ao galego ás redes sociais.

Faltan por pechar detalles pendentes, que se perfilarán nos vindeiros días como o nome do grupo musical participante. Será o gañador do concurso Cantalingua. Un rap pola lingua composto por alumnos de 3ºC do IES Antón Fraguas de Santiago será o manifesto do Correlingua 2018.

Pulsa para ver más contenido para ti