O Plan de Promoción Conxunta do Entroido dos Xenerais da Ulla márcase cinco obxectivos complementarios: Consolidar a recuperación desta tradición carnavaleira como elemento singular do patrimonio cultural; dinamizar o turismo do territorio coa súa posta en valor como eixe vertebrador do mesmo, explotando a súa capacidade de atracción e converténdoo nun atractivo turístico de primeira orde nas datas do Entroido galego; desenvolver unha campaña de promoción conxunta; facilitar un espazo de mostra, encontro e reflexión en torno a esta tradición; favorecer as situacións e actividades interxeracionais, culturais e etnográficas, potenciando a interacción da poboación local cos visitantes.