O trío olívico-pontevedrés Peña faise co Premio Narf
O galardón da Deputación da Coruña volve a viaxar ao sur, logo de premiar o ano pasado aos vigueses Caldo
![Peña, nunha imaxe promocional](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/379266c9-bb29-4006-b20d-3c9d2d193232_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Peña, nunha imaxe promocional / FDV
O Premio Narf, que concede a Deputación da Coruña, volve viaxar ao sur, e de novo para galardoar a un trío acústico. Se o ano pasado gañaron os vigueses Caldo, este ano leva o prestixioso recoñecemento a banda olívico-pontevedresa Peña. Os outros finalistas eran Elba, Sleepy Spice, Tandub e Secho.
A final do concurso Fran Pérez 'Narf', en homenaxe ao músico silledense falecido hai cinco anos, tivo lugar onte no Teatro Colón da Coruña coas actuacións ao vivo dos candidatos. O xurado — formado por Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, como presidente; ademais da cantante Uxía, os xornalistas Carlos Crespo, María Yáñez e Teresa Cuíñas, e o crítico musical Pepe Cunha— apostou por premiar a Peña, un trío que en directo suma emotividade e impecable execución técnica. Os seus membros son Toño Magariños (voz e guitarra), Rubén Abad (guitarra e voz) e Elevana Vázquez (violín e coros).
O galardón ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico e compositor Fran Pérez 'Narf'. Algunhas das bandas gañadoras deste premio son Mounqup, Su Garrido Pombo, Bala, Caldo ou Familia Caamagno, entre outros.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda