Marta Dacosta pecha mañá os encontros cos escritores do IEM

Marta Dacosta. |

Marta Dacosta. | / Redacción

R.V.

A poeta Marta Dacosta manterá mañá venres un encontro cos lectores no local do IEM ás 20.00 horas. Será a última sesión do Ciclo Literario Miñorán 2023, que organizou a entidade cultural este outono para coñecer de preto os autores da comarca.

Dacosta suma sete galardóns e acaba de gañar IV Premio de Poesía Filomena Dato no Concello de Bergondo. O tamén escritor Fran Fernández Davila presentará o acto.