O concerto de Sés abre esta noite a programación cultural de verán de Gondomar

R.V.

O programa provincial Musigal da Deputación para promover a música galega en galego nos concellos da provincia chega hoxe a Gondomar, onde a cantautora Sés ofrecerá un concerto a partires das 22.30 na Praza Paradela.

A artista, considerada como un dos principais referentes da escena musical galega, centra o seu espectáculo no seu oitavo traballo discográfico, “Diante dun eco”, que viaxa entre os ritmos americanos do norte e do sur repensados en galego e en feminino.

A programación cultural de verán do Concello de Gondomar comeza así hoxe co seu concerto estelar e continúa o martes cunha actuación da Escola Municipal de Teatro no auditorio Lois Tobío ás 17.30.