Presentan a tradución de “Cartos” en Gondomar

A libraría Libraida de Gondomar acolle hoxe ás 20.00 a presentación da recente tradución ao galego do clásico sueco “Cartos” –a novela que Victoria Benedictsson publicou en 1885– por parte de Marta Dahlgren para a editorial Hugin e Munin. Acompañarán a tradutora Sara Carballa, coordinadora do clube de lectura Daquelas que Len, e Alejandro Tobar, editor.