Síguenos en redes sociales:

In memoriam // Ramón Alonso

Quedará para sempre

Faleceu Ramón Alonso, exalcalde de Mos, compañeiro e amigo. Foi un home honrado, comprometido, entregado e sosegado. Sempre tentou transmitir tranquilidade e paz na súa xestión política, sempre buscando o consenso.

É parte da historia de Mos, como alcalde antes da democracia e durante ela. Presente na Corporación Municipal, tanto como alcalde como concelleiro, durante moitas décadas. Os anos setenta, os oitenta , os noventa e comezos dos dous mil.

Mais Ramón non é só parte de Mos pola súa vida adicada aos demáis dende a política municipal. Foi un home moi pegado ás veciñas e veciños exercendo como sanitario. Comadrón e practicante entregado, en momentos nos que os medios moitas veces escaseaban, non dubidaba en asistir a calquera domicilio a calquera hora cando o chamaban.

Deume a oportunidade de entrar na política. Son momentos tristes para min porque coñezo a Ramón Alonso dende ben cativa. É sabida a gran amizade e unión que o vencellaba co meu avó Ramón Gómez. E coa súa perda, perdo ao outro refente político que máis me marcou xunto co meu avó.

*Alcaldesa de Mos

Pulsa para ver más contenido para ti