O centro cultural de Mañufe conmemora hoxe o Día das Letras cun acto que arrancará ás 18.30 cunha lectura de fragmentos da súa obra. Os rapaces da sección infantil do grupo de teatro Xente Daquí e Dacolá interpretará a obra "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Finalmente, entregaranse os premios do II Certame Literario Verbas Novas e actuará o grupo Lembranzas Moañesas.