Medio século de rosas en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, concelleiros e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación da Festa da Rosa 2023.   | // D. P.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, concelleiros e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación da Festa da Rosa 2023. | // D. P. / l. costas

A Festa da Rosa de Mos conmemora este ano o seu 50 aniversario. Medio século de celebracións que neste 2023 vén cheo de actividades pensadas para todos os públicos e gustos e onde a música, o teatro, a gastronomía e o deporte comparten protagonismo coas rosas.

David Bustamante será o encargado de abrir a programación do mes festivo por excelencia no Concello de Mos. Será o venres, 9 de xuño, a partir das 22.00 horas, no campo de fútbol das Baloutas, cando ofreza un concerto enmarcado na súa xira “Veinte años y un destino”. O prezo das entradas é de 15 euros e xa están á venda na páxina web ataquilla.com.

David Bustamante abrirá a programación da Festa da Rosa o venres 9 de xuño

E o domingo 11 continuará a música, desta vez tradicional, co Festival Abrente Folk. A partir das 18.00 horas no auditorio de Torroso.

Xa o martes 13 chegará o día grande, o Día da Rosa, festividade local. Dende ás 10.00 e ata as 11.00 horas exposición e apertura do concurso de rosais. Ás 11.00 horas misa solemne cantada pola coral Ventos do Val. Ao mediodía lectura do pregón e homenaxes. Ás 12.30 horas darase a coñecer o veredicto do Concurso de Rosas e Concurso de Empanadas de Pan de Millo, ás cales estarán á venda, organizada polas Mulleres Rurais. E para poñer o broche de ouro a unha mañá festiva, actuación musical e interpretación do Himno de Mos.

Palilleiras e hostalería

A programación continuará a fin de semana seguinte. O sábado 17 celebrarase a tradicional Xuntanza de Palilleiras de Mos e será tamén a Festa da Hostalería, nos exteriores do multiusos das Pozas. Haberá concertos, artesanía e gastronomía ao longo de toda a xornada.

O domingo 18, Festival de Corais coa participación das agrupacións C.P.ASOMAMOS, C.P.FROL NOVA de Redondela e C.P. A Cañiza; no auditorio de Torroso ás 19.00 horas, escenario ao que subirán tamén o grupo de Mulleres en Igualdade de Mos para representar unha obra teatral, o domingo 2 de xullo.

En materia deportiva, celebraranse o V Trofeo Vila da Rosa (Club Rosaleira), o Memorial Juan Estevez Nené (UD Mos) e o II Torneo de Fútbol Pé (Louro CF)

Cursos nas parroquias

Previo ao mes festivo, dende o vindeiro martes, 23 de maio, e ata o 13 de xuño, 14 asociacións culturais e veciñais de Mos (A.V. Dornelas, A. C. San Martín de Tameiga, A.V. Santa ANA de Veigadaña, A. V. Nosa Terra de Pereiras, A.C.S Herville, A.V. Celado, C.C Abrente, C.R.C. Torroso, A.V. Santa Baia, A.V. Chan do Bosque, A.R e Cultural de Guizán, C.S. C.D. As Pedriñas, A Cividade de Louredo e Mulleres Rurais) acollerán por segundo ano consecutivo os cursos de Secado de rosas, Xabóns de rosas e Estampación de rosas pintadas en tea.

Ademais todo o alumnado participará no concurso de rosas, presentando exemplares das súas parroquias na asociación e o día grande da festa outorgarase un premio á mellor rosa de cada unha das dez parroquias e outro á mellor de todo Mos