A porriñesa Beatriz Cabaleiro traduce o cómic ‘Bulleira. As abraiantes aventuras de Mariña 2’ ao inglés no panorama literario galego. A obra, de Miguel Robledo, Simón Blanco e Ignacio Hernández, está dispoñible en tres idiomas e saíu ao mercado fai uns días da man de Aira Editorial.

Tralo éxito da porquiña “Clover” chega “Bulleira”, para lectores a partir de 10 anos, e namentres, esta moza escritora do Porriño continúa a súa traxectoria de docente en English Naturally onde os días 13 e 26 de outubro ten previsto facer, co seu alumnado, un obradoiro sobre o labor da tradución e, precisamente, lerán esta historieta a modo de exemplo.