Síguenos en redes sociales:

Turismo

Rutas para coñecer os encantos de Covelo

Visitas guiadas ao patrimonio arquitectónico e etnolóxico do municipio

Rutas para coñecer os encantos de Covelo

O Concello de Covelo está a ofrecer este verán rutas de promoción turística guiadas ó patrimonio arquitectonico e etnolóxico do municipio.

Os participantes teñen a oportunidade de ver moitos dos seus encantos: o Cruceiro do Santo Cristo dos Aflixidos na Praza do Mestre Cerviño, o Museo Etnográfico Pazo da Cruz en A Hermida, a Casa Leónides en A Graña, os Chozos da Serra do Suído e a Capela da Xestosa.

O Concello financia o transporte en autobús, así como o guía turístico, agasallos, e material informativo.

Ademais, periodicamente o Concello organiza visitas ao Serradoiro dos Carranos, en Maceira. A última o pasado domingo, con catro pases para 10 persoas cada un.

Máis información no perfil de Facebook “Covelo Tourism” ou na web do Concello de Covelo.

Pulsa para ver más contenido para ti