O Concello de Covelo está a ofrecer este verán rutas de promoción turística guiadas ó patrimonio arquitectonico e etnolóxico do municipio.

Os participantes teñen a oportunidade de ver moitos dos seus encantos: o Cruceiro do Santo Cristo dos Aflixidos na Praza do Mestre Cerviño, o Museo Etnográfico Pazo da Cruz en A Hermida, a Casa Leónides en A Graña, os Chozos da Serra do Suído e a Capela da Xestosa.

O Concello financia o transporte en autobús, así como o guía turístico, agasallos, e material informativo.

Ademais, periodicamente o Concello organiza visitas ao Serradoiro dos Carranos, en Maceira. A última o pasado domingo, con catro pases para 10 persoas cada un.

Máis información no perfil de Facebook “Covelo Tourism” ou na web do Concello de Covelo.