Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A lenda do burro da Toxa que contou Emilia Pardo Bazán naceu na Casa de Escuredo

A exposición sobre Emilia Pardo Bazán amosada por FARO DE VIGO na rúa “catorse” serve para reescribir parte da historia da illa da Toxa es as súas miragrosas augas termais. Noé Parga

Cando remata a exposición “Emilia Pardo Bazán no país das rías”, que tivemos a sorte de disfrutar no Grove gracias a FARO DE VIGO, pode ser bo momento para facer algunhas reflexións sobor das orixes daquela lenda que a escritora transmiteu, contribuindo a dar a coñecer o noso pobo e a nosa fermosa illa da Toxa.

Deste xeito podemos falar de acontecementos e situacións ata o dagora totalmente descoñecidos que, por esemplo, sitúan a orixe da lenda do descubrimento das augas termais da Toxa nun inmoble tan ameazado coma o pazo da Torre de Escuredo.

Poucos lugares temos no Grove tan cheos de historia e de historias coma o pazo da Torre de Escuredo. Como xa expliquei noutras ocasións en FARO DE VIGO, posúe o único salón árabe de Galicia, e un dos poucos que aínda existen en España, aínda que as súas condicións sexan hoxendía deplorables.

La exposición sobre Emilia Pardo Bazán te espera en O Grove

La exposición sobre Emilia Pardo Bazán, en O Grove Manuel Méndez

Nela viviron pintores; un discípulo de Joaquín Sorolla e o outro intimamente relacionado co gran teórico do nacionalismo, Vicente Risco. Habitárona tamén un poeta e un editor, xornalistas que influíron de forma relevante na vida cultural galega sendo, ademais, os dous membros da Real Academia Galega. E un ceramista, que deixou o seu sinal nun período curto pero, o suficientemente relevante e intenso, para escribir o nome na historia galega desta disciplina artística.

Si xa de seu non é fácil atopar algo así, máis nos sorprende que a todo este armazón cultural se incorpore unha lenda como patrimonio inmaterial dunha vila cuxa importancia transcende o local para difundirse máis aló das fronteiras galegas, acrecentando incluso a relevancia cultural da vivenda.

Explícome. É sabido por todos que no Grove posuímos dúas lendas que forman parte do noso patrimonio inmaterial transmitido de pais a fillos e, tecido durante anos, sobre a historia da vila. Unha é a da Figueira do Meco, mencionada por Frei Martín Sarmiento por primeira vez en 1745 e a outra, a relatada por Emilia Pardo Bazán o 4 de setembro de 1899 na revista catalá A Ilustración Artística.

A escritora recolle da vila, dos mecos e mecas que traballan no balneario ou quizáis dunha visita ao centro urbano do Grove, as palabras que escoita sobre un burro que deu orixe ao descubrimento das augas termais da Toxa.

Inaugurada la exposición "Emilia Pardo Bazán en el país de las rías", en O Grove

"Emilia Pardo Bazán en el país de las rías", en O Grove Manuel Méndez

Pardo Bazán, ao escribir, empregará na súa produción artística técnicas de observación e análise rigoroso, o que lle permite dar un reflexo fidedigno do que escoita e do que ve. A súa insaciable curiosidade por todo o que a rodea plásmaa cun xenuíno estilo artístico en novelas como A Tribuna, Os Pazos de Ulloa ou Insolación; tres exemplos desa interpretación fidedigna e mesmo certeira da realidade que percibe. Non difire o seu método do utilizado para legarnos a historia do descubrimento das augas.

O relato dos grovenses, unha historia verbal e non escrita das xentes do común, convértea en literatura arrincándoa da realidade para transformala nunha lenda que é legada ás xeracións futuras convertida nun patrimonio inmaterial propio e identitario.

Pois ben, se rebuscamos na lenda co mesmo interese que o fixo ela, comezaremos a destapar os feitos, as persoas e o contexto que deu lugar ao que hoxe coñecemos con trazos xerais.

A Casa da Torre e mailo burro son parte dunha mesma historia

E aí é onde a casa da Torre de Escuredo, máis ben o que queda dos restos da Casa da Torre, e mailo burro que descubriu aquelas augas termais, son parte dunha mesma historia. A mesma na que outra figura, un pintor, é a peza da que tirar do fío do tempo para chegar a ela.

Todo ese conxunto de fragmentos conforman un quebracabezas de época ao que un catedrático de Historia da Escola de Maxisterio de Santiago, ademáis de pedagogo e avogado, José María Moar Fandiño, decide case sen chamar a atención, regalarnos a primeira peza que dá comezo a unha historia non desvelada ata o día de hoxe: a realidade detrás da lenda do burro da Toxa escrita por dona Emilia Pardo Bazán.

O catedrático de Historia da Escola de Maxisterio de Santiago, ademáis de pedagogo e avogado, José María Moar Fandiño.

O historiador José María Moar publica no Compostelán do 20 de agosto de 1926 un artigo dando conta da biografía do pintor da xeración Doente, Jenaro Carrero Fernández. Nel difunde unha serie de observacións sumamente relevantes sobre a liñaxe fidalga do artista:

“[…] El padre del pintor, D.Jenaro Carrero y Ulloa, aunque oriundo de Galicia, había nacido, hijo de militar, en Zaragoza, y era hermano del Ayudante de Obras Públicas de Santiago y presidente de la Comisión curadora de las Escuelas de la Económica, D. Narciso. Ejercía aquel de abogado y en la Facultad de leyes compostelana había sido íntimo condiscípulo de Eugenio Montero Ríos.

Por los Ulloas emparentaba con el linaje, carballinés y lalinense, del Marqués de Villaverde de Limia, Pedrosa Ulloa, y de la malograda esposa del abogado santiagués, don Cesáreo Vázquez, ambas ramas, del árbol del Arzobispado compostelano, Fonseca y Ulloa.

La madre del artista, noyesa también, doña Petra Fernández y Fernández, Losada y Mendoza, por este último apellido perteneció a la familia del fundador de la metropolitana capilla de la Comunión, allí enterrado, Arzobispo de Compostela, D. Lope de Mendoza (1445) y por los Losadas procedía de la casa de los Fefiñanes del Grove;…sabido es que el descubrimiento de las prodigiosas virtudes medicinales de La Toja débese al hecho, por mi detallado en otra ocasión en El Compostelano, de que un burro lleno de mataduras fue echado a herbajar, a vida libre, en la antiguamente despoblada isla, revolcábase el animal a su entera satisfacción en el légamo y se observó que a los ocho días se hallaba curado de sus alifafes y heridas; pues bien, curioso resulta añadir que este animal de algún modo origen de la importancia actual del balneario famosísimo era propiedad de los abuelos maternos del artista. […]”

Retrato de Jenaro Carrero. Museo de Belas Artes da Coruña

A mención da propiedade que fai Jose María Moar, contemporáneo da nai e do pintor, é un feito inédito e insólito. ¿Era realmente certo que os avós maternos de Jenaro Carrero, o gran pintor discípulo de Sorolla, estaban ligados ao Grove ou tiñan propiedade ou vivenda no municipio? ¿Existiu ese vínculo realmente? Moar, non soamente nos dicía a verdade, senón que, ademáis, outros datos rubricarían con certeza o que escribira no xornal O Compostelán.

A súa nai, Petra Fernández e Fernández, era filla do matrimonio formado por José Fernández e Joaquina Fernández González, e esta última, a avoa do pintor, falecera en 1863, xusto ao ano seguinte de vender a un indiano chamado Luís Mestre Roig a parte que lle correspondía da herdanza que posuía no Grove.

Esa venda era unha das propiedades máis antigas e importantes do municipio grovense: A famosa Casa da Torre, hoxe mal chamada ao conxunto edificado Torre de Escuredo e ata o pasado 7 de xuño, Ben de Interese Cultural (BIC). Ela era unha das propietarias e filla, do último señor da ilustre Casa da Torre, don Pedro Juan Fernández Mariño de Sotomayor e Losada e a súa muller, María Ignacia González de Mendoza.

"Tiña razón o culto Jose María Moar Fandiño. O descubrimento das augas termais naceu na Casa da Torre e Emilia Pardo Bazán rescatou aquela lenda da tradición oral para legárnola para sempre"

Francisco Meis Durán - Investigador e divulgador da historia local grovense

decoration

Alfredo Brañas, Jenaro Carrero e José María Moar

O historiador José María Moar, que foi un dos intelectuais máis sobresaíntes no Santiago do primeiro terzo do Século XX e amigo persoal do pai do rexionalismo Alfredo Brañas Menéndez, non errou cando aseverou, tanto os termos xenealóxicos do pintor Jenaro Carrero como os da súa avoa, dona Joaquina Fernández (Mariño de Sotomayor e Losada) e González (de Mendoza), esta última nada na Poboa do Deán e propietaria directa de sangue dos donos da ilustre e fidalga Casa de La Torre del Grove.

Autorretrato de Genaro Carrero. Museo de Pontevedra

Pero cabe preguntarnos por que a familia dos Mariño de Sotomayor elixiu A Toxa para abandonar ao animal. A resposta tampouco se fai agardar. A illa naqueles tempos das primeiras décadas do século XIX estaba abandoada. Era un lugar pouco frecuentado, sen árbores, inhóspito, perfectamente válido para abandoar á súa sorte un animal que ía morrer.

20

Emilia Pardo Bazán conquista el corazón de Vigo Marta G. Brea

Porca Morta

E soltárono alí, ademáis, porque eran propietarios de varios terreos na illa. Os pais de Joaquina posúen desde tempos inmemoriais terreos en Punta Cabreira e outro de importante extensión limitando, casualmente, a dous trotes de burro de Porca Morta, como se chama a área balnearia onde se revolcaría o famoso animal.

Os restos da Torre de Escuredo foron a vivenda dos avós, bisavós e demáis liña xenealóxica do gran pintor da Xeración Doente Jenaro Carrero Fernández, cuxo vínculo familiar, tan estreito co Grove, non fora descuberto ata o día de hoxe.

É, ademáis, descendente de sangue da Casa da Torre que se derruba impasible sen que as administracións poñan un punto final á súa agonía e, sobre todo, atesoura nas súas pedras o valor que lle dá o patrimonio inmaterial dunha tradición, dunha historia, dunha lenda que é transmitida xeración tras xeración por todos os grovenses.

24

Un paseo por Pontevedra de la mano de Emilia Pardo Bazán a través de FARO Rafa Vázquez

Tiña razón o culto Jose María Moar Fandiño. O descubrimento das augas termais naceu na Casa da Torre e Emilia Pardo Bazán rescatou aquela lenda da tradición oral para legárnola para sempre.

É relevante mencionar que a historia do descubrimento das augas polo burro, unha vez divulgada de forma escrita por dona Emilia, contáronna innumerables literatos e figuras de relevancia nacional e internacional, tales coma o xornalista Wenceslao Fernández Florez ou o escritor lusitano Antero de Figueiredo.

Este artigo está adicado a María Ángeles Tilve Jar.

Compartir el artículo

stats