Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Catoira acolle a reedición do filme documental “Castelao e os irmáns da liberdade”

É unha homenaxe polo centenario da Xeración Nós e o 70 cabodano de Castelao

O cartel que anuncia a actividade.

O Concello de Catoira anuncia que o vindeiro venres, desde as 20.00 horas e con aforo limitado a sesenta prazas, vaise celebrar no Auditorio Municipal a presentación do proxecto “Castelao e os irmáns da liberdade”.

Esta actividade inclúe unha exposición e a reedición do filme documental que homenaxea ao rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coincidindo co seu 70 cabodano, e tamén á  Xeración Nós que el mesmo axudou a crear e que este ano cumpre o seu primerio século.

Din na vila vikinga que é “unha oportunidade para homenaxear o ideario fondamente humanista, transformador e sempre actual de Castelao, protagonista desa xeración histórica que, a través da produción artística e cultural, a defensa da nosa lingua e a actuación política posterior, se percatou do seu deber social de crear para sempre a cultura galega”.

Os interesados en participar  poden reservar praza enviando os nomes, apelidos e un teléfono de contacto ao correo 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮@𝗰𝗮𝘁𝗼𝗶𝗿𝗮.𝗴𝗮𝗹, ou ben no número telefónico 𝟵𝟴𝟲𝟱𝟰𝟲𝟬𝟭𝟰 (ext.2).

Neste acto van intervir o alcalde, Alberto García García; Francisco López Franco “Chesqui”, secretario xeral do Partido Galeguista; e mailo autor da obra, Xan Leira.

O cartel do obradoiro. FdV

Ilustración feminista

Por outra parte, o Concello anuncia que o vindeiro luns, desde as 17.00 horas, a Aula Celso Emilio Ferreiro vai acoller o obradoiro de ilustración feminista “Bravas”, para rapaces de 4 a 11 anos.

Trátase dun espazo creativo “destinado a xerar conciencia feminista a través da exploración colectiva de distintas fontes e experiencias da ilustración contemporánea, e tamén mediante a expresión artística con distintos materiais, técnicas e soportes propios do debuxo”.

Para esta actividades as inscricións poden facerse no departamento de Servizos Sociais, co número de teléfono 986546217 (ext 1), ou no 672129682.

O cartel da actividade. FdV

"ConCiencia de Muller"

Tamén se poden empregar eses números e mailo enderezo electrónico serviciossocialescatoira@gmail.com para inscribirse noutra actividade prevista para o sábado 21, ás 17:00 horas.

Desta volta está dirixida á mocidade de 6 a 13 anos, coa  posibilidade de que participen os seus pais. Ofréceselles a posibilidade de divertirte facendo experimentos e descubrindo a algunhas das grandes científicas galegas que contribuiron ao progreso da humanidade.

Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa son só algunhas desas científicas galegas que destacan ou destacaron polos logros acadados nos seus respectivos campos de investigación. Elas son as protagonistas desta actividade titulada “ConCiencia de Muller”.

Compartir el artículo

stats