--¿Qué aspectos das políticas laborais na República Checa importaría para o seu país?

-Polo xeral as empresas ofrecen contratos indefinidos unha vez finalizado o período de proba e hai bastante estabilidade. No tema da conciliación, existe a opción da excedencia por maternidade/paternidade que, aínda que económicamente as axudas non son moi elevadas, está garantido por lei a reincorporación á empresa despois de 2, 3 ou 4 anos de excedencia. A miña experiencia traballando aquí foi moi positiva, pero non todo é perfecto. Algunhas cousas como a cobertura por desemprego, están peor.

-Ninguén mellor que vostede para a comparativa en cuestión laboral.

-É unha pregunta complexa, tanto en Galiza como no resto do Estado a política está desbordada por recortes sociais e corrupción. Mentres iso non cambie está difícil que o resto cambie. A xornada partida, a precariedade, contratos por meses que se renovan unha e outra vez, a cultura das horas extra que nunca se cobran, contratos en negro, os abuso dos contratos de "becario"... eu esas cousas non as vivín aquí, nin coñezo casos no meu entorno, que non digo que non haxa casos, pero desde logo non aos niveis que se dan en Galiza ou no Estado. Todo iso ten que cambiar para que haxa unha situación laboral con maior estabilidade e calidade.

--¿Qué lle diría a aqueles xoves que están cheos de dúbidas á hora de irse o estranxeiro para encamiñar a súa vida laboral?

-É unha cuestión moi persoal que cada un ten que valorar. O mundo é moi grande e cheo de oportunidades, pero Galiza tamén. O que me gustaría é que tivésemos un goberno que se preocupase por crear boas condicións para que os que esteamos fóra poidamos retornar, se así o decidimos.