A choiva, a lingua e as dornas comparten festa na Illa

O Día das Letras Galegas celebrouse na Illa con lectura de poemas, mostra de debuxos e fotografías e música, pero sen botar as dornas “Uxía” e “Dominga” polo mal tempo

Os actos trasladáronse a cuberto no edificio da plaza de abastos.

Os actos trasladáronse a cuberto no edificio da plaza de abastos. / Iñaki Abella

O día das Letras Galegas sempre ten un sentido moi especial na Illa de Arousa e onte non foi unha excepción. O colexio Torre-Illa foi protagonista nunha mañá na que a choiva, tan galega, cruzouse no camiño para impedir a botadura das dornas “Uxía” e “Dominga”.

A delegación de alumnos e mestres partíu da Escola de Pau ata O Regueiro onde agardaban cinco embarcacións tradicionais, das que soamente as dúas mencionadas, ían partir cara o mar. Foi precisamente a choiva a que obligou a cambiar a ubicación do acto á praza de abastos. Alí foi onde se instalou a mostra de fotos de traballos de carpintería de ribeira e tamén os debuxos dos alumnos de Primaria que participaron no certamen para elexir a decoración da dorna “Uxía”.

A presencia da Asociación Cultural Dorna tamén foi protagonista coa actuación dos grupos de pandereteiras e gaiteiros e de baile tradicional. Intres despois alumnos e mestres comezaron a lectura do poema Galicia, pertencente ó libro “Soños na gaiola” de Manuel María. Una lectura que iniciou o mestre Xosé Antonio Gómez Villaverde e continuaron outros compañeiros e estudantes.

As dornas tiveron que agardar un mellor momento na Praza do Regueiro.  | // I. ABELLA

As dornas tiveron que agardar un mellor momento na Praza do Regueiro. | // I. ABELLA / Diego Doval

A circunstancia do mal tempo impedíu o momento estrela da xornada que era o da botadura. Un acto que viña precedido de moitas horas de traballos para a restauración da dorna “Uxía”. Unha nave que estivo no colexio Torre-Illa e na que traballaron todos os alumnos en materia de carpintería, lixado e pintado para que puidera voltar a exercer de nave de navegación tradicional.

Alí tamén estaba a “Dominga”, donada pola Fundación Terrum de A Coruña e que tamén ía saír o mar, pero que tamén tivo que quedar en terra. Pero nin os imponderables impedirán a comunidade educativa da Illa voltar a poñer en valor tanto elemento alegórico as Letras Galegas. Deste xeito, tanto os debuxos dos que se seleccionou o aspecto final da “Uxía” como as propias dornas quedarán expostas a partir da semana que ven na sala de exposicións do Concello.

Tras a lectura, a festa e o baile, a festa continuou con unha comida de mestres para darlle xeito a unha data coma a do 17 de maio con tanto significado de seu. Todos eles sendo sabedores de que a defensa do idioma non é cuestión dun día, senon dunda actitude.

Suscríbete para seguir leyendo