Pandeiretas, gaitas e baile en Carril para render homenaxe a Luísa Villalta

A ofrenda floral xunto ao busto de Rosalía e as actuacións musicais foron ao aire libre pero Xosé Duarte tivo que tocar a cuberto no Gato Negro

As pandeireteiras durante unha actuación, onte.

As pandeireteiras durante unha actuación, onte. / Iñaki Abella

M. López

Dende hai uns anos que o goberno de Vilagarcía decidiu celebrar os actos centrais das Letras Galegas en Carril, localidade na que a escritora referente da literatura galega por antonomasia, Rosalía de Castro, pasou varios veráns. Precisamente aos pés da avenida que leva o seu nome hai un busto da autora. Alí foi onde onte arrancaron os actos organizados pola Concellería de Cultura para render homenaxe a Luísa Villalta (1957-2004).

O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, presidiron a ofrenda floral realizada xunto ao busto de Rosalía, onde non faltaron as gaitas e o himno tradicional galego como colofón.

A ofrenda floral xunto ao busto de Rosalía de Castro reuniu a moita xente pese ao mal tempo. |   // IÑAKI ABELLA

A ofrenda floral xunto ao busto de Rosalía de Castro reuniu a moita xente pese ao mal tempo. / Iñaki Abella

O Concello contou coa colaboración da Escola Gato Negro e Malveiras, non só neste acto, senón tamén para amenizar o ambiente na Praza da Liberdade, onde distintos grupos tradicionais bailaron unhas pezas ao son de pandeiretas e gaitas.

Aínda que o tempo era inestable, a meirande parte da programación puido celebrarse ao aire libre salvo o concerto de Xosé Duarte, que transcurreu a cuberto, no local do Gato Negro.

Os actos contaron cunha xenerosa afluencia de persoas, que non faltaron á xa tradicional cita das Letras Galegas en Carril na sesión vermú.

O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, durante a ofrenda floral. |  // IÑAKI ABELLA

O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, durante a ofrenda floral. / Iñaki Abella

Os días previos á efeméride tamén houbo actividade para festexar a lingua e literatura galegas, como por exemplo as actuacións artísticas de escolares de distintos centros educativos o xoves no Auditorio ou a proxección da película “Matria” no Salón García en colaboración co Cineclube Ádega.

Hoxe, exposición na nova biblioteca

A derradeira actividade será unha exposición bibliográfica sobre a homenaxeada nestas Letras 2024, Luísa Villalta, que Alberto Varela e Sonia Outón inaugurarán hoxe na nova biblioteca municipal Rosalía de Castro ás once e media da mañá.

As pandeireteiras nos actos do Día das Letras Galegas. |   // IÑAKI ABELLA

Público asistindo ás actuacións na Praza da Liberdade. / Iñaki Abella

A mostra contén fondos propios e tamén material cedido temporalmente pola familia do editor da autora homenaxeada.

De feito acompañarán ao alcalde e á concelleira de Cultura as fillas do editor Francisco Pillado, Ana e Elena Pillado.

Suscríbete para seguir leyendo