O Ateneo acolle unha charla sobre "Das Irmandades da Fala a Nós"

21.01.2016 | 03:21

O presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez, impartirá unha conferencia mañá, ás 20.00 horas no Ateneo Santa Cecilia de Marín, co lema "Das Irmandades da Fala a Nós". A charla, con entrada libre e presentada pola escritora Elena Gallego, tratará sobre o centenario desta organización impulsada en 1916 por Vicente Risco, Arturo Noguerol e Manuel Peña Rey, entre outros destacados galeguistas.

Xosé González Martínez participa noutras plataformas culturais integradas no colectivo Galeguizar Galiza: Irmandade Xurídica Galega, Irmandade de Agroalimentarios e Adegueiros, Irmandade da Sanidade Galega, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Asociación Álvaro das Casas e Fundación Lois Peña Novo. Tamén foi o coordinador do libro "En galego, agora e sempre".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine