A candidatura presentada pola Asociación de Veciños "San Pedro Félix" foi a proposta que finalmente acadou a puntuación máis alta entre as catro que este ano concorreron ao certame, e nas que tamén estaban a de Cercio, Codeseda (Doade) e Xaxán.

O galardón Aldea Singular foi instaurado polo Goberno de Lalín para recoñecer a aquela aldea ou parroquia que máis destaque na defensa e conservación da súa contorna natural, ambiental, do seu patrimonio histórico, cultural ou artístico, así como en iniciativas de impulso económico, social, cultural ou de integración veciñal.