Este Nadal, 23 establecementos comerciais do municipio de silleda participarán na campaña Silleda Agasalla, que chega á súa cuarta edición. Os locais adornarán os regalos con lemas en galego que confeccionaron os alumnos dos tres centros educativos públicos do concello: os CEIP de Silleda e Ramón de Valenzuela e o instituto Pintor Colmeiro.

Os estudantes deseñaron en total 200 logos de Nadal en galego, dos que despois se fixo unha selección posterior. Os escollidos transformáronse en deseños adhesivos para colocarse nos agasallos. Silleda Park organizouse por primeira vez no ano 2014 da man da Concellería de Normalización Lingüística, en colaboración co comercio e os centros de ensino do municipio, aos que desde o Concello se lles agradece a súa participación. Os adhesivos estanse a repartir na Casa da Cultura de Silleda.

Esta non é a única inicativa que pón en marcha o goberno local. Ademais dun intenso programa de actividades que arrancou a comezos de mes e que continuará ata espois de Reis, o Concello volve repartir, un ano máis, entradas para os nenos e nenas empadroados no municipio que desexen acudir ao Silleda Park, o parque de atraccións de Nadal que se instalará no recinto feiral da Semana Verde e que funcionará os días 22,23,28,29 e 30 deste mes así como do 1 ao 7 de xaneiro, en horario de 16.30 a 21.30 horas. Haberá unha entrada para cada neno e mozo de 3 a 18 anos de idade (os menores de tres non pagan entrada), que estean empadroados. Os tíquets xa se poden retirar no rexistro municipal (na planta baixa do consistorio) ata o 5 de xaneiro.

Rodeiro e Vila de Cruces tamén organizan viaxes a Silleda Park. Camba levará aos seus nenos o día 28. Os interesados teñen que inscribirse antes do 26, e poden ir acompañados dun adulto ou de dous monitores. En canto a Vila de Cruces, tamén sairá cara a Trasdeza na xornada do 28. O bus estará estacionado na Praza Juan Carlos I, ata as 16.00 horas. Neste concello, os nenos que queiran participar deben anotarse antes da xornada do 27.