"Durante toda a miña vida, despois de nacer no rural, falei galego", di Jesús Mayo. "En 53 anos xa se pode facer algo", engade para referirse ao seu máis de medio século como sacerdote. Sempre empregou o galego nas súas parroquias, mesmo en etapas nas que había que "loitar de xeito intensísimo polo galego" e nas que non había material no idioma para dicir misa ou mesmo para representar obras de teatro na parroquia. "O galego non se valoraba", lembra.