A Estrada celebra as Letras Galegas cunha ofrenda floral do Concello e a Ruta do Gallo da AC A Fervenza

Malasombra estrea un musical en Soutelo - Móvete propón dez medidas para promocionar o galego

17.05.2016 | 02:32

A Estrada vivirá hoxe a celebración das Letras Galegas -adicadas este ano a Manuel María Fernández Teixeiro- cun programa cultural variado pero que se sitúa na liña do que vén sendo a celebración desta data nos últimos anos.

Así, A Fervenza de Ouzande adicará a súa undécima edición da Ruta das Letras a percorrer entre as 9.30 e as 13.30 horas uns 12 quilómetros de roteiro. Partindo da igrexa de Ouzande, os asistentes irán á Fonte do Redondo, ós montes de Ouzande, ó Castro e ós montes de Arcos e atravesarán o río Gallo preto do seu nacemento, moi próximo ao límite da parroquia de Ouzande, A Somoza e Arcos (Cuntis). También pasará pola aldea cuntiense de Ferreiros.

Xa ás 12.00 horas, nos xardíns municipais da Estrada terá lugar a ofrenda floral municipal ante o monumento dos Irmáns Valladares.

Xa pola tarde, ás 20.00 horas, o auditorio forcaricense de Soutelo de Montesacollerá a estrea do musical Os Rockenstein de Malasombra, a compañía do actor estradense Xoque Carbajal.

Pola súa banda, Móvete vén de presentar no concello dez actuacións que pretende impulsar para promocionar o galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine