EN DIRECTO

Unha caixa de música... e ilusión

Rapaces de todos os colexios de Lalín asisten ao espectáculo de Viravolta

 22:53  
Os escolares desfrutaron coas aventuras titiriteiras.  // Bernabé/Javier Lalín
Os escolares desfrutaron coas aventuras titiriteiras. // Bernabé/Javier Lalín 

REDACCIÓN - LALÍN "A caixa de música" é o título da obra representada onte en Lalín por Viravolta para un público tan especial como os alumnos dos distintos colexios do municipio. O espectáculo tivo lugar no Salón Teatro, no marco do programa "Títeres na escola".

Esta aventura titiriteira do lalinense Anxo García Fernández "Basterra" é un espectáculo visualmente atractivo, debido á iluminación e ás cores reflectantes na luz negra. A música en directo crea un universo único que atrapa aos espectadores e trasládaos ao mundo de Icía e Salterio. Estes son os protagonistas da historia, os que estragan a caixa de música do vello que toca na praza. Coa "gran axuda" duns habilidosos personaxes, Zaracruso e Alterego, os dous protagonistas intentarán arranxar a caixa recuperando os sons que escaparon dela.

Este espectáculo de títeres, manipulado por Pilar Álvarez, Xulio Balado e propio Anxo García, gozou do favor dos escolares presentes nos tres pases. Ten música de Ermitas García Ríos, interpretada por Beatriz Rodríguez (violín), Mariola Gil (clarinete) e J. Manuel Yáñez (piano).

A representación pon fin a unha fin de semana de representacións a cargo de Viravolta, que arrancara o venres en Santiago e seguira o domingo en Lalín, con dúas funcións a favor de Aspadeza, na que, a 2,5 euros a entrada, se recadaron 250 euros.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya