Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Adeus, Rego de Aboldrón!

O Concello de Rodeiro vén de dar novas licenzas de actividade a Explotacións Porcinas Achacán SC desobedecendo a sentenza 00741/2015 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declarou as granxas inconstitucionais e contrarias ao Estado de Dereito.

Estas novas licencias supoñen a captación e seca total do Rego de Aboldrón, o máis grande delito ecolóxico das terras de Camba. O rego en cuestión (e o señor Alcalde de Rodeiro é completamente sabedor porque a el mesmo lle din unha copia dunha acta notarial do 23 de Agosto de 1972) nunca secaba ata que se construíron as granxas cuestionadas debido a un número indeterminado de pozos de barrena, número que agora segue aumentando coa finalidade de secar totalmente o rego, supoño que cos preceptivos permisos de Augas de Galicia.

Augas de Galicia descoida totalmente o tema ecolóxico e mesmo os axentes oficiais, que sancionan de seguido aos veciños que cargan unha cisterna de auga para dar de beber aos seus animais, deixan impune a quen seca o rego de Aboldón. Saben as Augas de Galicia que a auga corre de arriba para abaixo? Saben que ao facer pozos de barrena a auga pérdese polas capas máis profundas da terra e non aflora o exterior? Pois os de Explotacións Porcinas Achacán SC si que o saben e daí o interese de secar o rego que lles resultaba molesto.

O Concello de Rodeiro decreta con esta licenza ilegal a morte das nosas aldeas, pódese envelenar e matar a todas aquelas que conten con menos de cen habitantes (é dicir, todas). Isto é o que é inconstitucional e fóra do Estado de Dereito. Quero recordar que a cen metros das granxas de Aboldrón discorre o Camiño de Inverno a Compostela, recoñecido e celebrado en Rodeiro. Recoméndolle ó señor Alcalde que anuncie a fosa de xurro para que os camiñantes se poidan dar un baño nela e así estender no resto do Camiño as enfermidades porcinas e poder acabar con máis aldeas. A desaparición das aldeas cambotas comezou xa, pois Aboldrón foi borrado das redes sociais ata estes últimos días nos que volve aparecer "milagrosamente".

Ante estes feitos as miñas preguntas son: Qué fan as forzas da oposición en Rodeiro? Qué fan os grupos ecoloxistas? Qué quere o noso goberno municipal, ter moitos porcos sans aínda que a xente se estea envelenando?

Rodeiro estase a converter nun concello "garimpeiro" mandado por aqueles que reciben concesións inxustas a cambio de non sei que favores. De seguir así teremos que irnos das nosas casas (como o señor Alcalde, que vai a Ames, nun lugar onde as granxas industriais están a máis de mil metros) chorando con Rosalía: Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos...

*Veciño de Aboldrón

Compartir el artículo

stats