-Levou moito tempo rematar un libro como Sapos e sereas?

-Son catro relatos curtos, con historias moi condensadas, que eu creo que sorprenden, pero ao mesmo tempo son de moi fácil lectura. Son relatos moi áxiles e moi dinámicos, como a vida que levamos hoxe en día. O que pasa é que son de etapas diferentes. O primeiro, que abre o libro, escribino no 2004 cando vivía en Inglaterra, e sufriu modificacións despois dos cursos de escrita dos que che falaba antes. Todos son de etapas moi distintas, e o último, que dá o título ao libro, e de fai tres anos. O libro como tal presenteino en Galaxia fai un ano aproximadamente.

-Pódese decir que é un libro reivindicativo e combativo?

-A min góstame pensar que é combativo, que son historias combativas. Son historias coas que calquera se pode identificar pero que efectivamente son moi combativas. E son combativas co respecto a como nos contaron as historias e as voces que lle podemos dar a esas historias. E como unha historia cos mesmos personaxes e o mesmo percorrido pode significar cousas moi diferentes. Eu creo que é combativa nese sentido.

-Xa pensa na súa segunda obra ou aínda é moi cedo? Mudará de rexistro literario?

-Imos deixar camiñar a este, e a ver ata ónde chega Sapos e seras. A min, particularmente, gostaríame que fose un libro coñecido e que o recomendasen unhas persoas a outras, pero supoño que no fondo é o que nos pide o ego a cada autor. Eu penso que o meu rexistro é o relato, e o que me gustan son os relatos que sempre teñan algo sorprendente. O meu estilo sempre é algo reivindicativo, con ironía e que conecte co mundo contemporáneo actual.