No Multiusos da Xunqueira tivo lugar onte un acto de homenaxe ao escritor Xosé Luís Franco Grande, autor do diccionario da lingua galega publicado en 1968, decisivo para a galeguización de xeracións de galegos e galegas. Participaron, entre outros persoeiros, o propio autor tomiñés; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero; e a catedrática da Universidade de Vigo, María Camiño Noia. Logo do acto descubriuse unha placa conmemorativa en lembranza da figura de Xosé Luís Franco Grande.

Nesta actividade colaboraron a Biblioteca de Redondela ademais da Asociación Lois Peña Novo.