O ilustrador Luis Davila, coñecido en FARO polas súas tiras de O Bichero, recibiu este domingo 25 de xuño o XLI Premio Trasalba, organizado pola Fundación Otero Pedrayo. Foi nun acto presentado polo humorista Carlos Blanco na Casa Museo do citado escritor ourensán nunha xornada na que houbo tamén varias actuacións musicais, presentacións de libros e un xantar.