Os personaxes de Luis Davila dan o chimpo á pandeireta

O humorista gráfico de FARO colabora co proxecto “Pandeiretas ilustradas” de Sanín

Sanín.

Sanín. / n

n

As pandeiretas negras que as Tanxugueiras levaron ao Benidorm Fest para elevar o “Terra” a fito histórico levaban a sinatura do artesán Sanín, de Compostela. Agora, este creador dálle unha reviravolta ao instrumento tradicional ao presentar unha colección exclusiva na que no parche de coiro aparecen as ilustracións de 12 artistas galegos, entre eles, Luis Davila, o creador de O Bichero e humorista gráfico de FARO DE VIGO.

A presentación da colección, “Pandeiretas ilustradas”, tivo lugar onte en Santiago. Ademais de Davila, participan Nuria Díaz, Cestola na Cachola, Iria Prol, Peri Helio, Héctor Francesch, Carlos Arrojo, Clara Cerviño, Juanlu Nacha, Isabel Camarasa, Mareiras e Celsius Pictor.

Cada artista realizou tres deseños e con cada un preparáronse cinco pandeiretas. Toda a colección está numerada e é limitada. Cada unidade custa 199 euros. Están feitas de madeira de nogueira, parche depel de cabuxa e ferreñas tradicionais douradas.