Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Educación convoca 1.600 prazas en estadias no estranxeiro

l l

A Consellería de Educación publicou o pasado día 20 no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de 1.600 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras en estadías lingüísticas, o mesmo número que o ano pasado. O obxectivo é que os estudantes de ESO e Bacharelato practiquen o aprendido durante o curso a través de estadías formativas, ben en réxime residencial en Galicia, ben en familia ou residencia no estranxeiro. A Consellería sufragará entre o 87% e o 50% do custo das estadías que realice o alumnado beneficiario. O prazo de solicitude da convocatoria estará aberto ata o 20 de marzo.

No caso do alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, convócanse 1.025 prazas, en réxime residencial en Galicia, en estadías de unha ou dúas semanas e con profesorado nativo. No caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, convócanse 575 prazas, en réxime de familia ou residencial, tanto en Galicia como no estranxeiro, con profesorado nativo. As estadías terán unha duración de unha a tres semanas en verán. As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta ou seguindo as instrucións correspondentes da aplicación dispoñible a través da sección de linguas estranxeiras do portal educativo, onde tamén se farán públicas as listaxes.

Compartir el artículo

stats