Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Queimados", cando o lume deixa pegada

Un documental recolle o impacto dos incendios no alumnado do IES Terra de Turonio de Gondomar

O cartel dos alumnos.

Cando o lunes 16 de outubro de 2017 se reanudaron as clases no instituto Terra de Turonio de Gondomar, unha boa parte do alumnado aínda estaba baixo un grande shok a causa dos incendios producidos en Galicia no domingo día. Unha parte importante do concello de Gondomar viuse afectada polos lumes desa tarde do domingo. E o alumnado das parroquias que asisten ao centro viuse directamente implicado nas tarefas de extinción e socorro que se produciron na tarde-noite dese domingo.

Conscientes da gravedade da situación pola que pasaran algunhas familias e alumnos, desde o centro realizouse unha fase de entrevistas nesa mesma semana, gravadas en vídeo, co alumnado afectado.

As declaracións

Nas entrevistas, os estudiantes narran como se produciron os acontecementos no seu entorno familiar: alumnos que tiveron que abandonar as súas vivendas, outros que axudaron na extinción directa con caldeiros ou mangueiras de auga, algúns que axudaron a desprazar ao gando doméstico ou aos cabalos do monte...

Así ata máis de 30 declaracións que relatan á camara unhas vivencias que non poden esquecer. Desde Borreiros, Vincios, Morgadáns, Chaín, Peitieiros, Donas e mesmo de Chandebrito en Nigrán contan como viviron os lumes nas súas casas.

A visita ao terreo

O alumnado do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural do IES Terra de Turonio realizou, nos días posteriores, unha visita de recoñecemento no Monte Galiñeiro, unha das áreas máis afectadas polos lumes, onde rexistraron as imaxes do desastre.

O curro do Galiñeiro, unha estrutura en madeira empregada para a xunta dos cabalos ceibes quedou totalmente calcinada. As imaxes aéreas recollidas por un dron permiten ter unha panorámica do impacto do lume. Os alumnos mostraron unha montaxe de cartulinas onde se pode ler "Lumes nunca máis".

A edición

Foron os propios alumnos os que colaboraron na edición do documental. A edición correu a cargo de Mario Vila, alumno de 4º da ESO, quen integrou as imaxes das entrevistas xunto ás gravadas polo alumnado do ciclo e outras dos medios de comunicación deses días.

O resultado é unha peza audiovisual de 20 minutos que foi estreada na celebración do Día das Letras Galegas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Compartir el artículo

stats