Día das Letras Galegas 2024

“Luísa Villalta non aceptaba dogmas de ninguén”

Montse Dopico presenta en Vigo o seu libro “Abonda con vivir. Luísa Villalta”, unha biografía da homenaxeada polo Día das Letras Galegas

Montse Dopico (2º esq.), na presentación de ontena Asociación Évame Oroza.

Montse Dopico (2º esq.), na presentación de ontena Asociación Évame Oroza. / JOSÉ LORES

M. González

M. González

A xornalista cultural e docente Montse Dopico presentou este martes na Asociación Évame Oroza, en Vigo, o seu primeiro libro “Abonda con vivir. Luísa Villalta” (Xerais), unha biografía da autora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Na presentación participaron tamén as poetas Silvia Penas e María Lado e a actriz e directora teatral Marta Pérez.

Esta obra foi “un encargo de Xerais e dixen que si por varios motivos”: “En primeiro lugar, porque me pareceu unha figura interesante para investigar”, destaca. “Ademais, morreu con 46 anos, xusto a idade que eu tiña nese momento (agora teño 47)”, engade. “Ao ser unha persoa que morreu no 2004 aínda habería moitas testemuñas vivas que poderían falarme dela e eu tiña claro que, de escribir algo, quería que fose algo vivo”, engade.

Un intre da presentación do libro, onte en Évame Oroza.

Un intre da presentación do libro, onte en Évame Oroza. / José Lores

Galaxia editou un volume coa súa poesía que se chama “Pensar é escuro” e nese volume hai un limiar escrito por Armando Requeixo onde conta, de xeito resumido, as liñas xerais da vida e da obra de Luísa Villalta. “A partir daí dei coas asociacións nas que ela colaborara, que son moitas. Tamén citaba algúns dos seus amigos e falei con eles e, a partir deses amigos, dei con outros, tamén nos seus distintos centros de traballo”, expón: “Fun compoñendo un quebracabezas bastante completo do que foi a súa vida e a súa obra”.

Dopico fixo así un retrato moi persoal de Luísa Villalta. “Coincidín con ela dez minutos e non tivera a oportunidade de entrevistala. Nese encontro casual xa me parecera que tiña una personalidade carismática, pero tras falar cos seus amigos comprobei que así era. Lía moitísimo, era moi culta, intelixente e moi traballadora. Revisaba exhaustivamente todo o que escribía. Gustáballe moito debater, incluso discutir, sobre moitísimos temas, porque tiña moitas inquietudes”, engade.

Ideas firmes pero sen dogmatismos

Era unha persoa con ideas moi firmes, pero non dogmática. Non aceptaba dogmas de ninguén, no sentido de que era feminista, pero criticaba o feminismo; era unha muller nacionalista, pero criticaba o nacionalismo; era unha muller de esquerdas, pero criticaba a esquerda...”, expón: “Outro trazo da súa personalidade é que intentaba convencer sempre con argumentos”.

Imagen

Abonda con vivir. Luísa Villalta

Autor: Montse Dopico

Editorial: Xerais

Nº de páginas: 192 páxinas

“Eu partía de coñecer os seus últimos poemarios (“Papagaio” en concreto), pero ó revisar o resto da súa obra, que inclúe narrativa, teatro, artigos xornalísticos... deime de conta da evolución, pasando dunha obra máis intimista e existencial a unha moito máis política e social, relacionada co seu maior activismo”.

O título do libro de Montse Dopico parte duna frase da propia Luísa Villalta, que no limiar do libro “Un xardín no tempo”, de Xosé M. López Ardeiro, empregou a frase “para escrever abonda con viver”. Esa foi a inspiración para o título da obra de Dopico, para a que o Día Das Letras Galegas serve para que a homenaxeada sexa máis coñecida “gracias ó traballo que se fai, sobre todo, nos centros educativos, máis que polo das distintas institucións”.

“Coa obra de Luísa pasa algo que normalmente non pasa no Días das Letras Galegas, porque houbo problemas para a reedición da súa obra e incluso haberá obras completas, como “Papagaio”, que a vai editar Kalandraka despois do 17 de maio”, afirma: “É unha pena porque, pasado ese día, o interese na figura do homenaxeado descende moito. Todos os seus relatos (dende “Silencio, ensaiamos” ata os relatos soltos que ten en volumes colectivos) deberan ser publicados xuntos; o mesmo con toda a súa obra xornalística, porque é unha forma moi clara e directa de saber o que pensaba e lle preocupaba e de entender o resto da súa obra”.

Suscríbete para seguir leyendo